cree*

cree*
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos cree ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo amerindio dos cree.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo amerindio do Canadá que se estendía entre a ribeira O da baía de James e o lago Athabasca. Orixinariamente, dedicábanse á caza nos bosques de Manitoba, pero durante o s XVII parte do pobo aliouse cos assiniboine de Manitoba e emigrou cara ao SO, no actual estado canadense de Saskatchewan, e recibiron o nome de cree das chairas. Os cree dos bosques organizábanse en grupos de familias emparentados pero, nas frecuentes guerras contra os sioux e pés negros, agrupábanse en colectivos máis amplos. A chegada dos comerciantes europeos de peles supuxo un notable beneficio para os cree e os chippewa, grazas á súa estratéxica situación, que serviu como ponte no comercio cos franceses e ingleses. A mortalidade entre os cree aumentou durante o s XVIII, a consecuencia das enfermidades transmitidas polos europeos, como as vexigas. Habitan en reservas indias nos estados de Québec, Ontario e Manitoba, en Canadá, e Montana, nos EE UU.

  4. s m [LING]

    Lingua americana da familia lingüística algonquina falada polo pobo cree.