1 creek*

1 creek*
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo ou á lingua creek.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo amerindio dos creek.

  3. s m pl [ETN]

    Confederación de tribos amerindias formada polos muskogee ou altos creek, os hitchitis e os alabamas ou baixos creek. Durante o s XVII habitaban as beiras do río Mississippi e estendéronse polos actuais estados de Georgia e Alabama no s XVIII. Agrupábanse en poboados, algúns dun tamaño considerable, rodeados de muros ou valados. Vivían fundamentalmente da caza, da pesca e da recolección, pero desenvolveron tamén o cultivo de millo, cabazas e feixóns. O exército dos EE UU derrotounos na Guerra Creek (1813), polo que tiveron que ceder extensos territorios. Desde 1830 participaron na Liga das Cinco Tribos Civís e redactaron unha Constitución (1858), da que xurdiu un goberno tribal, disolto polos EE UU en 1898.

  4. s m [LING]

    Lingua pertencente á familia lingüística muskogee, falada polo pobo creek.

Palabras veciñas

crédulo -la | cree* | Creeft Champane, José de | 1 creek* | 2 creek* | creeping* | cregaxe