Crego Rodríguez, Carlos

Crego Rodríguez, Carlos

Pintor e gravador. De formación autodidacta, viaxou por Europa e instalouse en Barcelona. Nas súas obras utilizou a figuración cun estilo expresionista e esquemático, achegado á abstracción e cunha paleta chea de tonalidades neutras, ocres, grises e negras. Das súas obras destacan, entre outras, Mediterraneoatlántico (1986), Los Bárbaros (1989) e as colaxes. Participou nas convocatorias da Bienal de Pontevedra e acadou unha bolsa da Deputación de Pontevedra (1983) e outra da Xunta de Galicia (1985). Participou en numerosas mostras colectivas, entre elas, Plástica Gallega (1981), Mail-Art 666 (Bélxica, 1982), Homenaje a Castelao (1982), Alternativas 80 (Salvaterra do Miño, 1985), 3 pintors (Barcelona, 1988) e I Mostra Unión Fenosa (1989). Individualmente, celebrou diversas exposicións na Sala Alma (Vigo, 1980), na Galería Sargadelos (Santiago de Compostela, 1983), na Galería Matisse (Barcelona, 1987) e na Galería Evmaros (Atenas, 1987). Recibiu, entre outros galardóns, a medalla Laxeiro en 1985.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo