Cremades Ugarte, Javier

Cremades Ugarte, Javier

Ficólogo. Profesor titular de Bioloxía Vexetal na Universidade da Coruña especializado no estudo das algas mariñas, dirixiu, xunto co doutor Ignacio Bárbara Criado, un equipo de investigación en ficoloxía mariña centrado nas algas bentónicas mariñas do Atlántico peninsular, ademais de realizar estudios históricos sobre a vida e a obra de ficólogos españois desde o s XVIII ata 1936. Abordou tamén a ficoloxía aplicada, sobre todo os estudios no ámbito galego sobre técnicas de cultivo de algas mariñas para a alimentación humana. Entre as súas publicacións destacan: Guía de las algas del litoral gallego (1987), Contribución al conocimiento de la obra ficológica de Simón de Rojas Clemente (1777-1827) (1993), Seaweeds of the Ría de A Coruña (Algas mariñas da ría da Coruña, 1996) e Las Macroalgas Marinas y sus Aplicaciones (1998).

Cronología

  • Nacemento