Cres

Cres

Illa do Mar Adriático, Croacia, situada ao SL da península de Istria (336 km2). A agricultura e a gandería ovina son a base da súa economía. O principal núcleo de poboación é Cres. Foi un dominio romano e bizantino, e dende a Idade Media estivo gobernada polo reino de Croacia, Venecia e Hungría. Dende o s XIX exerceron o seu dominio Francia, Austria, Italia e a antiga Iugoslavia. Do seu patrimonio cultural destacan as ruínas romanas e unha torre do reloxo renacentista.