Cresfontes

Cresfontes
[MIT]

Heraclida, fillo de Aristómaco. Casou con Mérope, filla de Cípselo. Cos seus irmáns, Témeno e Aristodemo, conquistou a península do Peloponeso, á cabeza dos dorios. Na repartición do territorio, amañada polo propio Cresfontes, tocoulle Mesenia, a parte máis rica. Morreu asasinado polo seu pobo, descontento co seu goberno.