Crespo Figueras, Xacinto

Crespo Figueras, Xacinto

Político agrarista. Coñecido como Chinto Crespo, foi membro da Sociedade de Agricultura de Teis e do Directorio de Teis, organización da que foi secretario en 1908. Dirixiu a asemblea agrarista de Teis no 1907. Converteuse nun destacado orador -en lingua galega- nos mitins antiforais celebrados en Vigo, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. En 1909 presentouse como candidato á alcaldía de Lavadores, ao tempo que asinaba, xunto con outros agraristas, numerosos panfletos contra os caciques da bisbarra viguesa. Esta campaña anticaciquil provocou o seu exilio á Estrada e Lalín, cidade na que reorganizou o movemento agrarista. En 1913 volveu a Vigo e á súa actividade anticaciquil no ámbito provincial, feito que lle valeu un posto no concello de Lavadores. Da súa produción xornalística consérvase unha pequena parte dos seus traballos, a maioría ensaios escritos en castelán, nos que amosa o seu anticaciquismo e a necesidade da organización dos labregos en sociedades de oficio.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lugo

  • Deceso

    Lugar : Vigo