crespón

crespón

(< crespo)

  1. s m

    Fío que se obtén torcendo dúas ou máis cabezas de seda; un deles ten que estar torto previamente.

  2. s m

    Tecido, obtido con fío de crespón, que presenta unha superficie encrespada.

  3. s m

    Anaco de tea negra usado como símbolo de loito.

  4. s m pl

    Tripas de porco lavadas e salgadas que se preparan para o seu consumo.