Crespos, San Xoán de
Crespos, San Xoán de
Igrexa parroquial situada en Padrenda. Construíuse en estilo barroco en 1826, segundo indica unha inscrición na fachada principal, e reconstruíuse en 1971. Consta dunha nave abovedada e dunha ábsida con cuberta de madeira. No interior sobresae o retablo maior neogótico e unha das capelas laterais cuberta con bóveda de crucería. Na fachada destaca a fornela que acolle a imaxe de san Xoán e a torre con balaústres.