Creus Andrade, Estevo
Poeta. Licenciado en Psicoloxía. Colaborador en diversas revistas literarias (Dorna e A Regueifa) e membro do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal. Participou en diversos proxectos culturais, como o grupo de teatro Talía, o Batallón Literario da Costa da Morte ou o Colectivo Poético Un Medio.
Publicou as obras Areados: na selva, pola tarde, ollando os tigres (Premio Miguel González Garcés, 1996), Poemas da cidade oculta (1996) e Teoría do lugar (1999), e os relatos “E a catro patas: quilómetros” (Premios Pedrón de Ouro Certames XVIII e XIX 1992 e 1993) e “Alguén matou a Bambi”, recollido no volume colectivo Historia da pusilanimidade e catro contos máis (1996). Outras obras son Libro dos cans (2010), Decrúa (2003), Balea2 (2011) e Tirotea2 (2011). Recibiu o III Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2002, por Decrúa, e o premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 2017, por O lugar que non hai.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cee