crianza

crianza

(

  1. s f
    1. Acción de criar.

      Ex: El traballa a terra e a muller ocúpase da crianza do gando. A crianza dos fillos resultoulle difícil trala morte da muller.

      Confrontacións: cría.
    2. [ALIM]

      Serie de coidados aos que son sometidos os viños logo de seren fermentados, para rematar a súa formación e conferirlles un punto máis perfecto. Pode ser oxidativa, cando se realiza en envases de madeira de carballo, ou de redución, se ten lugar en botella.

  2. s f

    Período da vida e proceso dunha persoa durante o que recibe educación nos seus primeiros anos.

    Ex: A súa crianza estivo influenciada polo rexo carácter do seu pai.

    Confrontacións: infancia.

Refráns

  • A muller que cría do seu seo é máis nai cá que dá o fillo a peito alleo.
  • A que cría polos e nenos sempre lle lamben os dedos.
  • A que o seu fillo cría, boa tea fía.
  • A que os seus fillos cría, boa tea fía.
  • Cría a túa filla e a túa tea fía.
  • Criatura dun ano tíralle á nai o leite do reaño.
  • Desque o din a criar, non o volvín aleitar.
  • fillo descalostrado, medio criado.
  • O que nada cría, ben pode dicir que nada ten.
  • O que non cría, non pía.
  • Parir e non criar é como restrelar e dar a fiar.
  • Se queres un bo poldro, que cho amanse outro.