crianza
crianza
(
-
s
f
-
Acción de criar.
Ex: El traballa a terra e a muller ocúpase da crianza do gando. A crianza dos fillos resultoulle difícil trala morte da muller.
Confrontacións: cría. -
[ALIM]
Serie de coidados aos que son sometidos os viños logo de seren fermentados, para rematar a súa formación e conferirlles un punto máis perfecto. Pode ser oxidativa, cando se realiza en envases de madeira de carballo, ou de redución, se ten lugar en botella.
-
-
s
f
Período da vida e proceso dunha persoa durante o que recibe educación nos seus primeiros anos.
Ex: A súa crianza estivo influenciada polo rexo carácter do seu pai.
Confrontacións: infancia.
Refráns
- A muller que cría do seu seo é máis nai cá que dá o fillo a peito alleo.
- A que cría polos e nenos sempre lle lamben os dedos.
- A que o seu fillo cría, boa tea fía.
- A que os seus fillos cría, boa tea fía.
- Cría a túa filla e a túa tea fía.
- Criatura dun ano tíralle á nai o leite do reaño.
- Desque o din a criar, non o volvín aleitar.
- fillo descalostrado, medio criado.
- O que nada cría, ben pode dicir que nada ten.
- O que non cría, non pía.
- Parir e non criar é como restrelar e dar a fiar.
- Se queres un bo poldro, que cho amanse outro.