criar

criar

(

  1. v t

    Dispensar os coidados necesarios a persoas ou animais cando son pequenos, como alimentación, refuxio ou protección. Na tradición oral recóllense ditos como: “A que cría, empeora: e a que pare, mellora. A que cría, fillo alleo, brasa trae no seo”.

    Ex: Criou os fillos cunha mamadeira e non lle deu de mamar. Quedaron cos catro cachorros que criou a cadela.

  2. v t

    Coidar e atender a educación dun neno. Na tradición oral recóllense ditos como:“Criache e non ensinache? Non criache”.

    Ex: Os avós criáronlles os fillos mentres os pais estiveron fóra.

  3. v t

    Procurar o nacemento e o crecemento de animais, plantas ou froitos, xeralmente con fins económicos.

    Ex: Criou un pavo para o Nadal.

  4. v t

    Producir unha persoa, un animal ou unha cousa aquilo que se indica ou servirlle de soporte.

    Ex: Tapa o queixo para que non críe balor. A cancela de ferro criou ferruxe por onde saltou a pintura. Os gatos, aínda que son moi limpos, crían parasitos.

  5. v i

    Ter crias as femias dos animais.

    Ex: A curuxa criou este ano no faiado.

  6. v pron

    Superar a súa primeira etapa de desenvolvemento unha persoa ou un animal.

    Ex: Eramos veciños e criámonos xuntos.

  7. v pron

    Chegar unha persoa ou un animal ao seu maior grao de desenvolvemento.

    Ex: O can criouse sen ter que chamar nunca o veterinario.

  8. v pron

    Nacer ou vivir as plantas ou os animais no medio que se expresa.

    Ex: Os couselos críanse nos valos.

Frases feitas

  • Criar herbas. Estar morto.

  • Criar ao cacho. Ser algo artificial.

  • Criar o pasmo. Estar aparvado.

Palabras veciñas

Criado Martín, Felipe | criador -ra | crianza | criar | criatura | criba | cribado -da
Conxugar
VERBO criar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crío
crías
cría
criamos
criades
crían
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criaba
criabas
criaba
criabamos
criabades
criaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criei
criaches
criou
criamos
criastes
criaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criara
criaras
criara
criaramos
criarades
criaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criarei
criarás
criará
criaremos
criaredes
criarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criaría
criarías
criaría
criariamos
criariades
criarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
críe
críes
críe
criemos
criedes
críen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criase
criases
criase
criasemos
criasedes
criasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criar
criares
criar
criarmos
criardes
criaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cría
-
-
criade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
criar
criares
criar
criarmos
criardes
criaren
Xerundio criando
Participio criado
criada
criados
criadas