Crickboom, Matthieu
Crickboom, Matthieu
Violinista belga. Membro do Quatuor Isaye (1884-1894), estableceuse en Barcelona en 1895. Formou trío con Granados e Pau Casals e en 1897 fundou a Societat Filharmònica de Barcelona. En 1910 nomeárono profesor de violín do conservatorio de Liexa e en 1919 do de Bruxelas. É autor de obras de cámara, dunha colección de estudios de violín e de dúas obras sobre a aprendizaxe do violín.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hodimont, Liexa -
Deceso
Lugar : Bruxelas