Crinis
Crinis
[MIT]
Fundador do templo de Apolo Esminteo, en Crisa (Misia). Merecedor da cólera divina, Apolo castigouno enviando unha praga de ratos aos seus campos. Pero, unha vez que o deus descendeu a terra, ao ser moi ben acollido por Ordes, pastor de Crinis, acordou levantarlle o castigo e el mesmo matou os ratos coas súas frechas. Ademais, ordenoulle a Crinis que consagrase un santuario a Apolo dos ratos.