crinoideo -a
(< gr κρίνον‘lirio’ + gr ε→δος ‘aspecto’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos crinoideos.
Sinónimos: crinoide. -
s
m
[ANIMAL]
Equinodermo da clase dos crinoideos.
Sinónimos: crinoide. -
s
m pl
[ANIMAL]
Clase de equinodermos, do subfilum dos pelmatozoos, constituída por animais mariños de simetría radial. Presentan o corpo con forma de disco, do que parten cinco divisións principais que se ramifican en novos brazos e en numerosísimas proliferacións de pequeno tamaño e transversais. O corpo aparece protexido por placas calcarias e pode ser de cor verde, vermella, amarela ou branca. Os brazos teñen un suco lonxitudinal onde se dispoñen os pés ambulacrais, transformados en tentáculos, que transportan o alimento á boca. Tanto a boca coma o ano dispóñense, no centro dos brazos, cara a arriba. Con estes tentáculos e, ás veces, con secreccións mucosas, filtra pequenos animais planctónicos. Fíxanse ao substrato mediante un pedúnculo articulado, unido á parte inferior do disco que pode presentar pequenas prolongacións transversais. Cada animal pertence a un único sexo. As formas larvarias son de vida libre ata que se fixan ao substrato e sofren a metamorfose. Algunhas especies acadan os 30 cm de lonxitude, aínda que outras especies fósiles presentan pedúnculos de máis de 20 m de lonxitude. As máis das especies viven en augas superficiais -principalmente do Índico, do Pacífico e do Caribe- aínda que outras acadan os 3.500 m de profundidade.
Sinónimos: crinoide.