crioalternador

crioalternador

(< crio- + alternador)

s m [FÍS]

Aparato de produción de corrente eléctrica alterna, semellante a un alternador clásico, pero con diferenza de que no indutor se substituíu por un indutor supercondutor de resistencia nula. O material supercondutor é unha aliaxe de niobio e titanio. A estrutura do aparato ten que ter en conta as condicións particulares de funcionamento dos supercondutores, que son fundamentalmente baixas temperaturas e campo magnético constante. O arrefriado conséguese por circulación de helio líquido a unha temperatura de 4,2°K.

Palabras veciñas

crinoideo -a | crinolina | crio- | crioalternador | crioanestesia | criobio | criobioloxía