criptozooloxía
criptozooloxía
(< critpo- + zooloxía)
s
f
[ZOOL]
Disciplina científica que trata da localización e estudo de animais non descubertos e que, en xeral, se pensa que se extinguiron. Cómpre sinalar o caso do peixe sarcopterixio, chamado celacanto. Coidábase que este animal estaba extinguido dende hai uns sesenta millóns de anos, pero en 1938 foi localizado por uns pescadores preto de Madagascar. Outro caso foi o do okapi, un gran mamífero descuberto en 1906. En 1978 fundouse a Sociedade Internacional de Criptozooloxía, dedicada á busca de animais “ocultos”.