criqueiro -ra

criqueiro -ra

(< crica?)

  1. adx e s

    Que ou quen chora e se queixa con facilidade e normalmente sen un motivo aparente.

    Ex: É un naipelo tan criqueiro que súa nai non sabe qué facer para que deixe de chorar.

    Sinónimos: choricas, choromicas.
  2. adx e s

    Que ou quen non presenta moito ánimo á hora de afrontar a vida.

    Ex: Nunca quere facer nada, é un criqueiro.

    Sinónimos: crica, miñaxoia, petapouco.
  3. adx e s

    Que ou quen é efeminado.

    Ex: O Manel ten un andar criqueiro.

Palabras veciñas

criptozoico -ca | criptozoo | criptozooloxía | criqueiro -ra | cris(o)- | crisálida | Crísamis