criselefantino -na
criselefantino -na
(< cris- + elefantino)
adx
[ARTE]
Aplícase á escultura na que as partes visibles do corpo están feitas en marfil e as roupaxes en ouro. Empregouse na estatuaria de pequeno tamaño en Exipto e Mesopotamia, e na de orde colosal en Grecia. Destacan as estatuas de Atenea e Zeus realizadas por Fidias para o Partenón de Atenas e o templo de Zeus en Olimpia, respectivamente.