Crispi, Francesco
Político. Iniciou a súa carreira política como membro do goberno revolucionario constituído en Palermo en 1848. Restablecida a autoridade dos Borbóns en Sicilia, tivo que exiliarse. Volveu a Italia en 1859 e, ao ano seguinte, dirixiu, xunto con Garibaldi, a Expedición dos Mil. En 1861 foi deputado do novo Parlamento e xefe do grupo republicano. Poucos anos despois renegou do republicanismo e simpatizou coa casa de Savoia. En 1887 foi nomeado ministro de Interior e primeiro ministro. Co propósito de facer de Italia unha potencia colonial interveu en África oriental e obtivo do negus o recoñecemento da colonia italiana de Eritrea (Tratado de Uccialli, 1889); pero fracasou en Abisinia, onde o exército italiano foi derrotado en Adua (1896), feito que provocou a caída do seu gabinete.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ribera, Sicilia -
Deceso
Lugar : Nápoles