crista
(
-
s
f
[ZOOL]
-
Excrecencia carnosa que teñen sobre a cabeza algunhas galináceas, xeralmente máis desenvolvida nos machos. As cristas empréganse na elaboración de determinados pratos clásicos, fundamentalmente de influencia francesa, en xeral en recheos e gornicións de carnes e aves preparadas no forno.
Ex: A crista do pavón é moi vistosa.
-
Conxunto de pelos ou plumas que se atopan na cabeza de certos animais.
Ex: As cotovías teñen unha crista de plumas.
Sinónimos: curupela, curupete.
-
-
-
s
f
Parte máis elevada ou saínte de certas cousas.
Ex: Tráeme o sacho de crista. A crista da onda chegaba ós dez metros de altura.
-
s
f
[ANAT]
Estrutura alongada e estreita do organismo.
Ex: Partiu a crista da tibia xogando ó fútbol.
-
s
f
[BOT]
Arilo de pequenas dimensións formado sobre o rafe que presentan as sementes de moitas papaveráceas.
-
s
f
[ALIM]
Doce consistente nunhas pequenas pastas con forma de crista de galo, que se elaboran con fariña, manteiga, ovo e lévedo, e que frecuentemente se enchen con cabelo de anxo.
-
s
f
[XEOG]
Parte estreita da divisoria de augas dalgunhas montañas.
-
s
f
[XEOG]
Cada unha das beiras abruptas que envolven un anticlinal e das que limitan as depresións sinclinais ou periclinais.
-
s
f
[XEOG]
Relevo dos fondos oceánicos de forma alongada.
-
crista topográfica
[XEOG]
Punto máis alto dunha elevación do terreo.
-
s
f
-
s
f
[PLANTA]
Denominación popular que reciben algunhas especies de herbáceas do xénero Polygonum.
Sinónimos: beldro, cordela. -
[FÍS]
-
s
f
Punto onde unha onda ou unha magnitude variable no tempo toma o valor máximo dentro dun intervalo determinado.
-
valor de crista
alor máximo que toma nun intervalo determinado unha magnitude variable no tempo. Nunha magnitude periódica é a amplitude.
-
valor de crista en crista
Diferencia alxébrica entre os valores máximo e mínimo que toma unha magnitude variable no tempo nun intervalo determinado. Nunha magnitude periódica é a amplitude total e se a magnitude é simétrica recibe o nome de amplitude dobre.
-
s
f
Frases feitas
-
Abaixarlle/baixarlle a un a crista. Humillar a alguén.
-
Darlle a un na crista. Vencer a alguén naquilo no que puxera moito empeño ou ilusión.
-
Erguer a crista. Adoptar unha actitude arrogante.