cristalográfico -ca

cristalográfico -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á cristalografía.

  2. constantes cristalográficas [FÍS]

    Relación constante entre os elementos reais do cristal de xeito que a posición dunha cara calquera está determinada polos ángulos que forma coas outras, que se toman como planos de referencia. Esta relación é posible grazas á simetría interna que presenta a materia cristalina. Dadas tres caras ou planos de referencia, intersécanse entre elas en tres arestas que conforman os eixes cristalográficos; estes forman tres ángulos (α, β e γ), que son as constantes angulares do cristal. Calquera cara fundamental que non sexa paralela aos tres planos de referencia, se se traslada paralelamente a ela mesma, corta os tres eixes cristalográficos a unhas distancias a, b, c fixas. A relación entre estes tres parámetros a:b:c recibe o nome de relación paramétrica e, xunto cos tres ángulos, constitúen as constantes cristalográficas do cristal.

Palabras veciñas

cristalo- | cristalofílico -ca | cristalografía | cristalográfico -ca | cristaloide | cristaloxenia | cristalurrio