cristaloide
cristaloide
(< cristal- + -oide)
adx e s
m
[QUÍM]
Cada unha das substancias que se difunden rapidamente a través dunha membrana animal e que se pode obter cristalizada, en oposición ás que o fan lentamente e non poden selo, coñecidas como coloides. Sábese que unha mesma substancia pode existir como coloide ou como cristaloide, segundo as condicións do sistema.