Cristina/Cristino
Cristina/Cristino
[ONOM]
Nome propio cristián-romano, derivado do nome de Cristo. Documéntase xa no s IV, e, desde as súas orixes, Christinus funciona case como un segundo nome obrigatorio de todos os cristiáns; só se converteu en nome independente tralo Edito de Constantino polo que o cristianismo deixou de estar proscrito. A forma feminina deste antropónimo presenta a variante Cristiña. Santa Cristina de Bolsena (s III) foi unha mártir italiana; Santa Cristina de Barro (Noia) é patroa dos tendeiros. A súa festividade celébrase o 24 de xuño e é titular de 28 parroquias. En Galicia celebrouse unha santa Cristina o 26 de xullo e no calendario romano figura unha santa Cristina de Termonde.