Cristina de Bolsena,

Cristina de Bolsena,

santa (Toscana, s III?) Mártir italiana. Segundo a tradición, á idade de doce anos negouse a ofrecerlle sacrificios ao deus Apolo; o seu pai, anoxado ante a súa desobediencia, ordenoulles aos seus escravos que a xostregasen. Logo encerrárona nunha torre, puxéronlle na cabeza unha moa de muíño e metérona nunha barca no lago de Bolsena para que afundise. Como logrou sobrevivir, mergullárona despois nunha caldeira de aceite fervendo e metérona nun forno con dúas víboras e dous áspides; sen embargo, os réptiles, lonxe de trabala, fixéronlle agarimos. Na iconografía a santa viste túnica talar e manto romano, e leva como atributos, unha moa de muíño, unha roda, unhas tenaces, dúas frechas, etc (símbolos do seu martirio); ás veces, leva tamén unhas serpes, un anciño, uns garfos de ferro, etc. A súa festividade celébrase o 24 de xuño e é titular de 28 parroquias.

Palabras veciñas

cristina | Cristina | Cristiña | Cristina de Bolsena, | Cristina I de Suecia | Cristina/Cristino | Cristiñade