Criterio Gallego, El

Criterio Gallego, El

Publicación de tendencia carlista que se editou en Pontevedra en abril de 1893 e que cesou probablemente en xullo do mesmo ano. Dirixido por Codesido Sánchez, quen coordinara a edición de Galicia Recreativa, trataba temas políticos. O 18 de xullo de 1893 incluíu unha sección titulada “Hoja Literaria”, dedicada a Rosalía de Castro no seu oitavo cabodano, na que apareceron diversos traballos en castelán, un poema de Filomena Dato Muruais e algúns versos da propia poetisa. Posiblemente viviu unha segunda época de edición a partir de 1896.