Criticón, El
Criticón, El
Publicación satírica aparecida na Coruña a partir do 6 de maio de 1855 subtitulada “Periódico dominguero, lenguaraz y novelero”. Fundada e dirixida por Domingo Díaz de Robles, saía todos os domingos e imprimíase nos obradoiros de Timoteo Pombo. Estaba escrita en verso, cuns contidos que ían dende asuntos políticos do concello ou do país, ata asuntos de orde moral. Tamén criticou a emigración e a pobreza.