Critios

Critios

Escultor grego. Activo a comezos do s V a C, realizou con Nesiotes o grupo dos Tiranicidas, Armonio e Aristogitón (477 a C). Realizado en bronce, coñécese por copias de mármore da época romana. Atribúeselle o Efebo louro da Acrópole de Atenas.