crocoíta
crocoíta
(< grκρόκος ‘azafrán’ + 2 -ita)
s
f
[MINERAL]
Cromato de chumbo, de fórmula PbCrO4. Cristaliza no sistema monoclínico en cristais prismáticos que presentan estrías. Ten unha cor vermella alaranxada ou amarelenta. Está asociada con piromorfita, cerusita e outros minerais secundarios do chumbo.