Crome, John

Crome, John

Paisaxista inglés. Coñecido como Old Crome para diferencialo do seu fillo John Bernay Crome (1794-1842), tamén pintor. Autodidacta de formación, recibiu as influencias de Hobbema, Gainsborough e Constable. Realizou unha pintura de fortes contrastes de luces e sombras. Entre as súas obras destacan Slate Quarries (Canteira de lousa, 1805?), Poringland Oak (A aciñeira de Poringland, 1818) e a serie Norfolk Picturesque Scenery (Paisaxes pintorescas de Norfolk, 1834). Fundou a Norwich Society of Artists (1803).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Norwich

  • Deceso