cromógrafo

cromógrafo

(< cromo- + -grafo)

s m [LING]

Aparato de experimentación fónica inventado polo portugués A. de Lacerda. Está inspirado no quimógrafo pero, a diferenza deste, no cromógrafo o estilete gravador substituíuse por un tubo capilar de onde sae un fío de anilina que se deposita nun papel móbil, mentres recibe unhas alteracións moduladas de corrente recollidas por un rexistro de boca.