cromolitografía

cromolitografía

(

s f [GRÁF/ARTE]

Sistema de impresión litográfica en tintas inventado por Aloys Senefelder. Consiste no uso dun gravado en pedra ou en prancha de aluminio ou cinc para cada cor que se quere imprimir, ao que se lle aplica un sistema de impresión sucesiva idéntico ao empregado na litografía en negro. Con este procedemento pódense obter carteis, reproducións en cor, etc. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma abreviada cromo.

Palabras veciñas

cromóforo | cromoglícico, ácido | cromógrafo | cromolitografía | cromolitográfico -ca | cromómero | cromona