Cromwell, Oliver

Cromwell, Oliver

Político inglés. Educado nun ambiente puritano, en 1628 foi elixido membro do Parlamento, que se disolveu ao ano seguinte. Trala súa restauración en 1640, foi membro da oposición á monarquía absoluta e á Igrexa episcopal. Durante a guerra civil, dirixiu un exército revolucionario, o New Model Army. Opúxose ao decreto de disolución do exército aprobado polo Parlamento e, despois do intento de fuxida do monarca (1647), depurou o Parlamento (1648) e conseguiu do resto dos parlamentarios que condenasen a morte de Carlos I (1649) e que proclamasen a República (Commowealth). Nomeado membro do consello de Estado e do consello de oficiais do exército, asumiu todo o poder. Promoveu a incorporación de Irlanda (1649-1650) e de Escocia (1650-1651), disolveu o Parlamento (1653) e estableceu o protectorado (1653) do que tomou o título de lord protector. Durante o seu goberno, estableceu a Acta de Navegación (1651) e derrotou as Provincias Unidas (1654); deste xeito asegurou a prosperidade da burguesía mercantil de Londres. O réxime sostíñase polo seu prestixio e aínda que o sucedeu o seu fillo, o Parlamento reinstaurou a monarquía.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Huntingdon

  • Deceso

    Lugar : Londres