Crónica del Trabajo, La
Crónica del Trabajo, La
Publicación aparecida en Santiago de Compostela no ano 1901 e que cesou a súa edición arredor do ano 1902. Primeiramente tivo o subtítulo de “Revista, Agrícola, Industrial y Social”, posteriormente modificouno polo de “Revista agrícola, práctica, industrial, social, ciencias sociales y sport” e nas súas últimas edicións saíu como “Revista Ilustrada de Agricultura Práctica”. Foi dirixida polo médico Leopoldo Salgués. En 1902, segundo a Asociación de Agricultores de España y la Cámara Agrícola de Madrid, estaba considerada como unha das catorce mellores revistas deste sector en España.