Crónicas, libro das
Libro do Antigo Testamento, coñecido tamén como Libro dos Paralipómenos. Denominado dibrē ha-yāmim (‘Historia dos tempos’) na versión hebrea, παραλειπóμενα nos Setenta e Paralipomena na Vulgata (que significa ‘cousas omitidas nos libros anteriores’). O nome de Crónicas deullo posteriormente san Xerome. Ofrece unha visión de conxunto da historia de Israel, desde Adán ata o Edito de Ciro (338 a C). O núcleo orixinal, escrito probablemente cara ao s III a C, enriqueceuse máis tarde con algunhas seccións. A versión alexandrina (a da Biblia católica) divide a obra en Libro Primeiro das Crónicas e Libro Segundo das Crónicas. Escrito a comezos do s III a C, presenta unha visión parcial da historia en favor do reino de Xudá, eliminando referencias aos samaritanos do N.