crónico -ca

crónico -ca

(< lat chronĭcu < gr κρονικός ‘relativo ó tempo’)

  1. adx

    Que dura ou se prolonga moito no tempo.

    Ex: Os países subdesenvolvidos sofren unha inxustiza crónica. O seu costume de fungar acotío é crónico, non che ten remedio.

  2. adx

    Que padece unha enfermidade que persiste no tempo.

    Ex: Sofre dende pequeno unha bronquite crónica. Nese hospital préstaselles pouca atención ós enfermos crónicos.

  3. adx

    Que ten un vicio, defecto ou inconveniente dende hai tempo.

    Ex: O número de fumadores crónicos medra diariamente.