cronopotenciometría

cronopotenciometría

(

s f [QUÍM]

Técnica electroanalítica baseada na determinación da variación, en función do tempo, do potencial dun electrodo activo durante a electrólise, cunha corrente constante, da solución problema. Este potencial, que depende da natureza da substancia que reacciona, varía suavemente durante o transcurso da electrólise. Cando a concentración de especie electroactiva que chega ao electrodo tende a cero, hai unha variación brusca de potencial ata acadar un novo valor que indica o inicio dunha nova reacción con outra especie. O tempo de transición ata que ten lugar esta variación brusca depende da concentración inicial da especie electroactiva. O potencial do electrodo, ao cabo dun tempo igual a 1/4 do tempo de transición, é, ademais, característico de cada substancia. Así, a cronopotenciometría serve ao mesmo tempo para a análise cualitativa e cuantitativa.

Palabras veciñas

crononimia | cronónimo | cronopatoloxía | cronopotenciometría | Cronos | cronoscopio | cronoterapia