croococal
croococal
(< lat científicoChroococcus)
-
adx
Relativo ou pertencente ás croococais.
-
s
f
[MONERA]
Cianobacteria da orde das croococais.
-
s
f pl
[MONERA]
Orde de cianobacterias unicelulares, arredondadas, agrupadas en pequenos grupos ou en colonias mediante abundante mucilaxe producida por xelificación das membranas. As células divídense por bipartición e as colonias por fragmentación. Algunhas orixinan colonias irregulares e planctónicas, como as do xénero Microcystis, ou regulares, como as do xénero Merismopedia. Outras especies, como Glococapsa e Chroococcus, revisten superficies somerxidas ou rochas e paredes húmidas.