1 croque
(
- s m
-
s
m
-
Golpe producido por un encontrón.
Ex: Non puxen o freo de man e levei un croque contra o valado.
-
Deformación na superficie dalgunha cousa producida por un choque ou un golpe.
Ex: O coche ten un croque na defensa porque antonte choquei contra unha árbore. Non compensa arranxar o croque que sufriu o catamarán ó chocar contra o embarcadoiro.
Sinónimos: cocadura, crocadura.
-
-
Santo dos Croques
Denominación popular que recibiu unha estatua que representa o mestre Mateo, a quen se lle atribúe a súa autoría, axeonllado e en actitude orante, situada no pé do parteluz central do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, mirando cara ao altar maior. É costume que os fieis que acoden en peregrinación batan coa testa tres veces nela, pois existe a superstición de que, dese xeito, se pode adquirir a sabedoría do mestre.