crow*
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo dos crow.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo amerindio dos crow.
-
s
[ETN]
Pobo amerindio instalado no actual estado de Montana, no curso do río Yellowstone e os seus afluentes, e tamén no de Wyoming, no curso do río Wind. Vivían en poboados móbiles (tepees) dedicados á persecución das mandas de bisontes, base da súa economía e cultura. Lewis e Clark, que os visitaron na súa viaxe de exploración (1804), observáronos no momento no que estalaba o conflito cos siksikas e cos dakotas. Colaboraron co exército dos EE UU como guías nas campañas contra os seus inimigos tradicionais, os síux. En 1868 instaláronse nunha reserva india do estado de Montana, na que se incluían parte dos seus vellos territorios. A súa poboación en 1990, na reserva do río Bighorn (Montana), estimábase nunhas 7.000 persoas.
-
s
m
[LING]
Lingua pertencente á familia lingüística síux que fala o pobo crow.