Crotopo
Crotopo
[MIT]
Fillo de Axenor, rei de Argos. Tivo dous fillos, Estenaleo e Psámate. Froito da súa unión con Apolo, Psámate enxendrou a Lino, meniño que abandonou ao nacer. Este, tras ser recollido por uns pegureiros, morreu devorado polos seus cans. Cando Psámate lle contou a seu pai a desgracia, mandouna executar. Apolo, anoxado, envioulles unha peste aos arxivos. Consultado o oráculo para porlle fin a esta praga, o pobo arxivo dedicoulles un culto a Psámate e a Lino. Axenor foi desterrado e fundou unha cidade en Megáride e, logo de morrer, Apolo enviouno ao Tártaro.