crotónico -ca

crotónico -ca

(< crotón + -ico)

  1. adx [QUÍM]

    Aplícase ao composto que contén o radical crotonilo, como o ácido crotónico ou o aldehido crotónico ou crotonaldehido.

  2. ácido crotónico [QUÍM]

    Cada un dos isómeros cis- e trans- do ácido 2-butenoico, de fórmula CH 3 -CH=CH-COOH, especialmente o trans-. A forma trans- é un sólido branco cristalino que funde a 72°C e que se emprega na obtención de suavizantes do caucho sintético. A forma cis- denomínase tamén ácido isocrotónico.

Palabras veciñas

crotonaldehido | Crotone | Crotone | crotónico -ca | crotonilo | crotonización | Crotopo