crotonaldehido
crotonaldehido
(< crotón + aldehido)
s
m
[QUÍM]
Cada un dos isómeros cis- e trans- do 2-butenal, de fórmula CH3-CH=CH-CHO. Son líquidos pouco solubles en auga, inflamables, de cheiro sufocante e lacrimóxenos, que ferven a 104°C. Obtéñense por condensación aldólica de dúas moléculas de acetaldehido e empréganse como intermediarios en síntese orgánica e como solubilizantes. Tamén recibe o nome de aldehido crotónico.