CRT de Milán
CRT de Milán
[ESPECT]
Centro de investigación teatral fundado en Milán en 1974 por diversos creadores preocupados polo estudo das diferentes modalidades e posibilidades de creación e comunicación teatral, e pola experimentación de novas linguaxes escénicas, amais de alentar espacios de interdisciplinariedade entre as diferentes expresións artísticas, mantendo unha actividade permanente ata finais da década de 1990. Á parte da produción de espectáculos e doutras manifestacións escénicas de corte experimental, ou da recuperación de formas teatrais tradicionais, como o teatro de monecos, no CRT tamén impartiron seminarios directores e artistas da categoría de Jerzy Grotowski, Bob Wilson, Tadeusz Kantor, Richard Formenan, Andrzej Wajda ou Merce Cunningham.