3 cru crúa

3 cru crúa

(

  1. adx

    Aplícase ao alimento que non está modificado organolepticamente pola acción da calor ou que o está en grao insuficiente.

    Ex: A carne crúa ten moitas proteínas beneficiosas para o organismo. É mellor comermos os vexetais crus.

  2. adx
    1. Aplícase á substancia ou material que non sufriu unha manipulación que altere as súas calidades naturais. OBS: Referido ao petróleo, úsase adoito como substantivo.

      Ex: O aceite cru extráese da primeira prensada da oliva. Importaron vinte millóns de toneladas de cru.

    2. [TÉXT]

      Aplícase ao fiado ou tecido (seda, algodón, etc) antes de ser sometido ao lavado, branqueo ou calquera outro tratamento.

  3. adx

    Que é difícil de afrontar pola súa dureza, especialmente referido ao clima.

    Ex: O cru inverno chegou sen avisar.

  4. adx

    Que pode ferir a sensibilidade dunha persoa.

    Ex: Direille a crúa verdade aínda que lle doa. Censuraron as escenas máis crúas da película.

    Sinónimos: cruel.
  5. cru de antimonio [QUÍM]

    Substancia cun 90% de sulfuro de antimonio (Sb 2 S 3 ). Ten aplicacións na industria pirotécnica e na fabricación de mistos.

Palabras veciñas

CRT | CRT de Milán | CRTVG | 3 cru crúa | 1 cru* | crubela | 1 cruceiro