3 cru crúa
(
-
adx
Aplícase ao alimento que non está modificado organolepticamente pola acción da calor ou que o está en grao insuficiente.
Ex: A carne crúa ten moitas proteínas beneficiosas para o organismo. É mellor comermos os vexetais crus.
-
adx
-
Aplícase á substancia ou material que non sufriu unha manipulación que altere as súas calidades naturais. OBS: Referido ao petróleo, úsase adoito como substantivo.
Ex: O aceite cru extráese da primeira prensada da oliva. Importaron vinte millóns de toneladas de cru.
-
[TÉXT]
Aplícase ao fiado ou tecido (seda, algodón, etc) antes de ser sometido ao lavado, branqueo ou calquera outro tratamento.
-
-
adx
Que é difícil de afrontar pola súa dureza, especialmente referido ao clima.
Ex: O cru inverno chegou sen avisar.
-
adx
Que pode ferir a sensibilidade dunha persoa.
Ex: Direille a crúa verdade aínda que lle doa. Censuraron as escenas máis crúas da película.
Sinónimos: cruel. -
cru de antimonio
[QUÍM]
Substancia cun 90% de sulfuro de antimonio (Sb 2 S 3 ). Ten aplicacións na industria pirotécnica e na fabricación de mistos.