Cruciata
Cruciata
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das rubiáceas, de follas de catro en catro formando verticilos, con inflorescencias encima formadas por flores -as centrais hermafroditas e as laterais masculinas-. Estas flores presentan a corola con tres ou catro lóbulos máis longos ca o tubo da flor, que dan lugar a froitos secos. En Galicia están presentes as especies: C. glabra, de talos sen pelos, propia de ambientes secos das montañas; e C. laevipes, de talos cubertos por unha pilosidade densa e propia de ambientes húmidos e umbrosos.