cruceta
(< cruz)
-
s
f
-
Obxecto en forma de cruz.
Ex: Subiron á cruceta do barco para ver mellor.
-
Paos pequenos unidos en forma de cruz que se colocan no interior das colmeas para soster os panais.
Ex: As abellas montan os panais directamente sobre as crucetas da colmea.
-
Peza do carro galego formada por unha armazón de táboas atravesadas que vai colocada na parte dianteira, baixo o chedeiro, para servir de base e ao mesmo tempo unir as chedas.
-
Parte do muíño onde vai apoiado o aliviadoiro que tempera a moa.
-
[TECNOL]
Panca en forma de cruz que serve para que reciba o movemento a máquina de lizos.
-
[TECNOL]
Peza que ten forma de cruz e que forma parte dunha xunta universal.
-
-
s
f
Parte femia da bisagra, situada no marco da porta e sobre a que xira esta.
Ex: Rompeu a cruceta da bisagra polo peso da porta.
-
s
f
Adorno de prata calada, composto de dúas ou tres pezas, que as mulleres poñen arredor do pescozo.
Ex: Atopei nun anticuario unha cruceta que ten máis de cen anos.
-
s
f
[ANAT]
Parte do corpo que une a pelve coa columna vertebral. Tamén se denomina cruz dos cadrís.
-
s
f
[ARQUIT]
Conxunto de nervios que non xorden dos paramentos e que unen claves nunha bóveda de crucería.
-
s
f
[ARTE]
Motivo decorativo de carácter xeométrico.
-
s
f
[TECNOL]
Sistema empregado nos motores de cilindrada elevada, de dobre efecto ou de carreira longa, para evitar o empuxe lateral do pistón contra as paredes do cilindro por mor das oscilacións da biela. Trátase dunha peza de aceiro de forma cúbica que ten un burato onde encaixa o eixe do pistón e dous saíntes laterais de forma cilíndrica onde se axusta o pé da biela que leva fixado o patín. Este apóiase nunha guía paralela ao eixe do cilindro.