Crumb, Robert
Crumb, Robert
Debuxante norteamericano. Recibiu as influencias doutros creadores, como Basil Wolverton, Jack Davis, Bill Elder e, sobre todo, Harvey Kurtzman. A finais de 1967 lanzou en San Francisco o seu primeiro libro de cómic, chamado Zap Comix. A partir de aí, uníronselle numerosos artistas underground que colaboraron nos seguintes números da revista. Creador de personaxes, tales como Fritz the Cat, Mr Natural ou Angelfood Mc Spade, cos seus cómics chegou a ser un dos máximos protagonistas do mundo da contracultura nos EE UU.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Philadelphia